•  
  • ';
  •  

O noso compromiso, a proximidade
aos problemas reais

O equipo que formamos parte do Centro de Servizos Sociais, como porta de entrada ao sistema de servizos sociais, adquirimos o compromiso de garantir a universalidade do sistema a todos os cidadáns e cidadás a través da nosa proximidade ás persoas, ás familias e á sociedade en xeral, abertos á realidade cambiante da nosa contorna, e baixo o principio dunha atención integral e de calidade.

Para poder cumprir o compromiso adquirido ca cidadanía dende o noso centro desenvolvemos as seguintes funcións:

a) O estudo e diagnose social da comunidade, que implica a detección e analise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención.

b) A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas na diagnose social.

c) A identificación de grupos de poboación vulnerables e la detección precoz de situacións de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.

d) A atención das situacións individuais, a información en relación ás demandas presentadas, a diagnose e valoración técnica previa e a consecuente intervención no caso, que incluirá, cando sexa convinte, a derivación cara o recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar ou a asistencia nos trámites necesarios para acceder a outros recursos.

e) A participación na xestión das prestacións económicas e o seguemento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.

f) A xestión do servizo de axuda no fogar, así coma a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte de aplicación.

g) A información, orientación e asesoramento a toda a poboación, facilitando o acceso aos recursos sociais.

h) O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidaridade e a cooperación social organizada.